domingo, 17 de decembro de 2017

30 ANOS ENSINANDO IDIOMAS!

Estades todos convidados á celebración do trinta aniversario da Escola de Idiomas de Pontevedra. Traede ás vosas familias e amizades!

xoves, 7 de decembro de 2017

SONIA LEBEDINSKY

Sonia Lebedinsky abraiounos coa súa voz e a súa certeza ao falar. 
Un gran traballo de Susana Pedreira, como xa nos ten acostumados.
Grazas ás dúas e a todos/as os que participastes.

Se non poidestes asistir, ou queredes volver  oíla aquí tedes o podcast coa entrevista do programa Cántamo ... en galego de Onda Cero Pontevedra

xoves, 30 de novembro de 2017

IV PREMIO LITERARIO NORTEAR


Gústache escribir? Anímate a participar neste concurso literario organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e mais a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal.

Consulta toda a información e as bases 

Boa sorte!

martes, 21 de novembro de 2017

ENTREVISTA CON SONIA LEBEDINKSY



NON PERDAS ESTA OPORTUNIDADE DE COÑECER EN DIRECTO A SONIA.
INFÓRMATE  DA SÚA TRAXECTORIA
E VAI ESCOITANDO AS SÚAS NOVAS CANCIÓNS

ESPERÁMOSTE O VINDEIRO XOVES 30 ÁS 18:30

luns, 20 de novembro de 2017

QUE CANTANTE GALEGA VIRÁ VISITARNOS PROXIMAMENTE?



Aquí van unhas pistas....

1. Foi galardoada na categoría de canción de autor co premio Martín Códax da música 2017
2. Foi cantante durante uns dez anos do grupo Fía na Roca
3. O guionista e músico Juan Fuentes axudouna co seu traballo Deserto de centos

Xa o sabes? Pois atento a este blog para recibir máis información!

xoves, 9 de novembro de 2017

ROTEIRO XOAN MANUEL PINTOS

Hoxe percorremos as rúas do casco histórico de Pontevedra misturando lendas e datos reais sobre a Pontevedra medieval e a figura do galeguista do século XIX, Xoan Manuel Pintos.



Grazas a todos por terdes participado.



luns, 30 de outubro de 2017

ROTEIRO E MAGOSTO





O vindeiro xoves 9 de novembro ás 17:30 quedaremos na Ponte do Burgo (ao lado da gasolineira) para realizar o roteiro Xoan Manuel Pintos cun guía do Concello de Pontevedra.


E para que este paseo dunhas dúas horas polo Centro Histórico de Pontevedra se faga máis saboroso, o Equipo de Dinamización Lingüística da EOI de Pontevedra convídate a unhas castañas asadas.

Non esperes máis e apúntate na conserxería da Escola.



O itinerario propón un paseo visitando dez puntos significativos da vida e da obra deste persoeiro senlleiro da literatura galega e pioneiro na reclamación da dignidade de Galiza e da súa lingua.

Entre outros percórrense o barrio do Burgo, Santa María, San Bartolomeu e a Ferraría.

luns, 25 de setembro de 2017

BENVIDOS AO CURSO 2017-2018

Comezamos un novo curso e animámosvos a celebrar connosco o Día Europeo das Linguas. O EDLG da EOI de Pontevedra comparte os obxectivos desta efeméride: destacar a aprendizaxe de linguas e promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa.

Que mellor xeito de celebrar que co videoclip da canción "O rap da lingua" , rodado na nosa escola e coa participación dalgúns membros da nosa comunidade escolar. 

En galego, xa si!


xoves, 18 de maio de 2017

FESTIVAL DA LINGUA




Parabéns aos gañadores e grazas a todos/as por terdes participado. Grazas tamén a Banda Migallas por transmitirnos esas boas sensacións!


xoves, 4 de maio de 2017

FESTIVAL DA LINGUA 2017


O vindeiro mércores 10 ás 19:30 teremos literatura, premios e música. Carlos Yus e Davide González Lorenzo, membros de Banda Migallas, interpretarán algúns temas do álbum “Zaragallada”. Como o seu nome indica, “Zaragallada” (recheo da empanada) consta de 13 temas con ritmos e contidos moi variados. Podemos escoitar cancións pop, rock, ska, un pasodobre, un tango, unha rumba, un valse, unha nana, unha pandeirada etc.

Máis información


View more presentations or Upload your own.

luns, 24 de abril de 2017

RESOLUCIÓN VIII CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO EOI DE PONTEVEDRA

O xurado do VIII Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu conceder os seguintes premios:

1º premio de vale de 200 € ao relato "A muller de pedra" de Alicia Rodríguez Massó
2º premio de vale de 150 € ao relato "Trece" de Leopoldo Cañizo Durán
3º premio de vale de 100 € ao relato " Soidade...?" de Emma Álvarez Conde

A entrega de premios terá lugar o mércores 10 de maio ás 19:30 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Carlos Casares e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.

Grazas a todos por terdes participado e parabéns ao gañadores!!

martes, 18 de abril de 2017

CERTAME ARI[T]MAR: POESÍA

Já sabemos quem ganhou o aRi[t]mar 2016: Sés e Quinta do Bill! Muitos parabéns! 




E continuamos com o certame. Agora é o tempo da poesia. Leiam os poemas portugueses de 2016 escolhidos e votem nos vossos preferidos. Já sabem que a votação é anónima. Prazo: até 20 de maio.


venres, 31 de marzo de 2017

PASEOS POLA PONTEVEDRA LITERARIA

Actividade  organizada polo Concello de Pontevedra, que combina exercicio e cultura. Moi recomendable.
Só hai 50 prazas. Incripcións no enderezo: pontevedraliteraria@gmail.com

xoves, 23 de marzo de 2017

xoves, 16 de marzo de 2017

Certame aRi[t]mar

Graças ao generoso convite do Departamento de Português de Santiago de Compostela, este ano podemos participar no Certame aRi[t]mar e votarmos para escolher a melhor canção portuguesa de 2016.
Podem vê-las e ouvi-las todas na versão completa, ou numa versão reduzida.




Desfrutaram? Pois agora votem para escolher aquela de que mais gostam. (A votação é totalmente anónima. Embora seja pedido um e-mail e uma palavra-passe para garantir um único voto por pessoa, os dados não são registados)


Prazo para votar: até 20 de março.


martes, 7 de marzo de 2017

VIII CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO "EOI DE PONTEVEDRA"


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da EOI de Pontevedra, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, convoca o VIII Certame de Microrrelato en Galego “EOI de Pontevedra”.


DATA: martes 21 de marzo de 2017 ás 18:00h (duración: 2 horas)
LUGAR: salón de actos da EOI de Pontevedra e, simultaneamente, nas sección do Valle Inclán, A Estrada e Lalín.
RELATOS: as persoas participantes deberán crear un texto literario de 150 palabras como máximo “in situ”, durante 2 h, a partir da “inspiración” que lles suxiran 3 palabras escollidas no momento de comezar a proba.
PARTICIPANTES: Poderán participar no concurso todas as persoas que o desexen (sexan ou non alumnado da EOI de Pontevedra).
PREMIOS:
1º premio: vale de 200€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
2º premio: vale de 150 € para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
3º premio: vale de 100€ para a compra de libros, CDs ou DVDs en galego
Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar dous accésits de 50€ cada un.

BASES DO CONCURSO

martes, 7 de febreiro de 2017

SES non nos deixou indiferentes

Unha hora con SES dá para moito: entrevista, cancións e comentarios para rir e para cavilar...
Grazas a SES, a Onda Cero e a todos/as vós por ter asistido!




martes, 31 de xaneiro de 2017

SES NA EOI DE PONTEVEDRA


Para saber máis sobre o seu último disco ou poñerte ao día coas súas cancións, visita o sitio web de SES

martes, 24 de xaneiro de 2017

Adiviña quen vair vir á EOI....

Unha importante cantante galega virá proximamente falar do seu último disco á EOI de Pontevedra.
Es quen de saber quen é?
Segue as pistas e adiviña...


View more presentations or Upload your own.

ALUMNADO DE ITALIANO " DÁLLE Á LÍNGUA"


O pasado venres 16 de decembro, alumnos e alumnas de italiano gravaron o programa de Onda Cero Pontevedra , Dálle á língua. Nas súas intervencións falaron das súas experiencias naEOI , as súas motivacións para estudiar italiano e moito máis. Poderedes escoitar as súas intervencións esta semana en Onda Cero Pontevedra ás 11:50 horas.
Mais adiante colgaremos as súas conversas neste blog, namentres, un pequeno adianto....

xoves, 5 de xaneiro de 2017

ROTEIRO CASTELAO


Esta vez o tempo respetounos e poidemos gozar dun paseo pola zona vella e visitar a exposición de Castelao no museo de Pontevedra. Todo elo acompañado das explicacións do guía e comendo unhas saborosas castañas asadas.