martes, 31 de maio de 2016

PREMIADOS CUESTIONARIO EXPOSICIÓN MANUEL MARÍA

Parabéns aos alumnos e alumnas de francés, inglés, italiano e galego que cubriron corectamente o cuestionario sobre a vida e obra de Manuel María baseado na exposición da Escola.
Aquí temos unha pequena mostra  recollendo o seu agasallo.
Grazas por participar!!

sábado, 21 de maio de 2016

FESTIVAL DA LINGUA 2016

O mércores 18 de maio estivemos a celebrar un acto para homenaxear a Manuel María e cargar as baterías antes dos exames. Houbo un pouco de todo, lectura de poemas (en galego e en inglés), cancións e guitarra, premios para os relatos do VII certame de microrrelato en galego da EOI e un especial recoñecemento para os voluntarios da biblioteca.
Grazas por terdes participado!!

domingo, 8 de maio de 2016

FESTIVAL DA LINGUA 2016

A EOI de Pontevedra convídavos a participar no Festival da Lingua o vindeiro 18 de maio ás 20.00 horas no Salón de Actos. Homenaxea as Letras Galegas connosco nun acto repleto de poesía, música  e premios!!

LETRAS GALEGAS 2016 ONDA CERO

Alumnado da EOI de Pontevedra participou na lectura radiada de textos dalgúns autores homenaxeados no Día Das Letras Galegas en anos anteriores. As emisións poderanse escoitar ao longo desta semana e ata o día 17 en Onda Cero Radio. Moitas grazas a todos/as!!


mércores, 4 de maio de 2016

LECTURAS HOMENAXEADOS LETRAS GALEGAS EN ONDA CERO!

O xoves ás 17:00 h. o alumnado que se presentou voluntario para ler fragmentos de autores homenaxeados no día das letras galegas gravará as súas lecturas na radio. Os xornalistas de Onda Cero Pontevedra virán a nosa escola para realizar as gravacións.
Graciñas

luns, 2 de maio de 2016

RESOLUCIÓN VII CERTAME DE MICRORRELATO EN GALEGO EOI DE PONTEVEDRA

O xurado do VII Certame de Microrrelato en Galego EOI de Pontevedra resolveu deixar o concurso deserto.
Como agradecemento á participación e ao esforzo decidiu conceder os seguintes recoñecementos:

1 accésit de 50 € ao relato "O Cazador " de Sofía Romero Buceta
1 accésit de 50 € ao relato "A Fábrica da Luz" de Eduado Campos Coello

A entrega de premios terá lugar o mércores 18 de maio ás 20:00 no Salón de Actos da EOI de Pontevedra nun acto conxunto no que homenaxearemos a Manuel María e agradeceremos a colaboración dos voluntarios da biblioteca.

Grazas a todos por terdes participado!!!